SERVIZOS

Services
Pode consultar os nosos servizos de suscripción nesta ligazón.

CONSULTORIA.

Boletín con noticias do sector, avisos de axudas e subvencións, normativas,…

Mensualmente os abonados ao servizo recibirán un boletín no cal aparecerán as noticias máis relevantes do sector cubrindo aspectos como: Situación dos mercados (castaña, madeira), empresas do sector, investigacións en curso, resultados. Novas tecnoloxías, proxectos relacionados co castiñeiro etc. Desta forma os nosos subscriptores estarán ao día de todo o que ocorre na contorna do mundo do castiñeiro

Consultas técnicas.

Este servizo permitirá aos subscriptores realizar consultas técnicas sobre multitude de aspectos relacionados co castiñeiro: enfermidades ou pragas, épocas de poda, tipos de plantas, maquinaria, produtos, ferramentas. Todas as súas consultas serán atendidas e debidamente informadas para que poida tomar as súas decisións de forma inmediata sen necesidade de perder o tempo buscando información dispersa ou consultando fontes pouco fiables.

Análisis fitosanitarios

O subscriptor poderá enviarnos mostras de plantas, seguindo os protocolos que se lle indiquen, para que podamos proceder á súa análise fitopatolóxica e interpretación dos resultados, recibindo vostede ademais indicacións sobre os posibles tratamentos e as medidas preventivas que debería tomar de xeito preventivo ou curativo.

AVISOS FITOSANITARIOS

Vostede recibirá periodicamente notificacións sobre os avisos fitosanitarios das pragas e enfermidades que afectan ao castiñeiro, desta forma poderá planificar os seus tratamentos e protexer os seus soutos como cómpre.

Podes consultar no apartado de documentación algúns dos avisos fitosanitarios de datas pasadas

PREZOS DO MERCADO

O noso servizo tecnico regularmente realiza sondaxes de mercado para coñecer os prezos dos distintos produtos da castaña coa idea de que os produtores poidan coñecer cal é a situación en cada momento e tomar mellor as súas decisións.

Os subscriptores a este servizo, durante a campaña de castaña, mensualmente recibirán os prezos de mercado en toda Galicia.

SEGURO FORESTAL (DESCONTO)

Os subscriptores do noso servizo recibirán igualmente unha atención especial á hora de asegurar as súas plantacións e as súas producións.

Disporán dun desconto dun 4% en colectivos, desta forma poderán asegurar o custo de replantar as súas plantacións en caso de sinistro de incendio ou inundación, e tambien existe a posibilidade de asegurar as súas producións.

Recibirán unha atención personalizada para cada caso, infórmate.