A Consellería do Medio Rural e do Mar destina preto de tres millóns de euros á mellora dos soutos de castiñeiros galegos.
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán realizou a caracterización in situ de 70 variedades de castañas dentro do proxecto Feader ‘Cambio da estrutura varietal dos soutos para revalorizar a produción da IXP Castaña de Galicia’, do que onte se presentaron os resultados. Neste informe priorízanse as variedades de castaña que maior beneficio reportan aos axentes implicados (así como os seus polinizadores), xa que debido ás moitas variedades existentes nun mesmo souto entre tres e cinco, os lotes comerciais da castaña galega non son homoxéneos, pois varían moito no tocante a forma, calibre, pelado, dureza. Ademais de seleccionar as mellores variedades, o estudo recolle a adaptabilidade das mesmas en diferentes zonas da Indicación Xeográfica Protexida da Castaña de Galicia para comprobar se os diferentes factores tales como as xeadas de primavera, as temperaturas ou a seca estival poden ser limitantes á hora do seu cultivo. No estudo foron escollidos oito tipos de castaña pola súa calidade produtora: Amarelante, De Parede, Famosa, Garrida, Longal, Negral, Ventura, Xudía.
Por outra banda, outras catro variedades Negral, Picona, Serodia e Rapada foron seleccionadas como boas polinizadoras. Ademais, coa finalidade de garantir a identidade varietal nas novas plantacións solicitouse a inclusión de 16 variedades no Rexistro de Variedades Comerciais do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Neste sentido, a Consellería do Medio Rural e do Mar con Un castaño. alba sotelo firmou onte que se destinarán preto de tres millóns de euros á implantación, mantemento e mellora de soutos de castiñeiros nos orzamentos deste ano.
30 millóns de euros. O motivo desta inversión «é que Galicia é unha unha importante potencia na elaboración e comercialización de castañas», destacou onte a conselleira Rosa Quintana.
«Producimos máis da metade da castaña de España, polo que o sector precisa especializarse e para iso ten que conseguir un produto homoxéneo, con características definidas». Quintana, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás FernándezCouto, sinalou que un dos principais eixos do Plan de Valorización do Monte Galego que leva a cabo o seu departamento «é aumentar o valor primario e engadido dos produtos forestais, destacando os soutos de castiñeiros». Así, recordou que Galicia conta cunha superficie forestal de dous millóns de hectáreas e que un dos seus aproveitamentos xira arredor do sector da castaña, producindo entre 15.000 e 25.000 toneladas deste produto e xerando preto de 30 millóns de euros anuais.
Fuente diariodepontevedra | jueves, 21 de febrero de 2013