Noticia
15.10.2012

Carta informativa para silvicultores con castiñeiros

Publicado en: Castaña, Enfermedades e pragas

CARTA INFORMATIVA SOBRE A AVISPA DO CASTAÑO (Dryocosmus kuriphilus).


A avispa do castaño (Dryocosmus kuriphilus) é un pequeño himenóptero de orixe asiático pertencente á familia Cynipidae, considerado organismo de corentena na Unión Europea. Este insecto pode chegar a resultar un dos máis perxudiciais para os castiñeiros ó disminuir a súa fructificación, podendo chegar a provocar a morte das árbores afectadas.
Ataca a varias especies de castaños, entre eles o castaño europeo (Castanea sativa). O insecto ataca os brotes de castiñeiro formando agallas, interrumpindo o crecemento dos brotes e reducindo a fructificación. Poden darse reduccións de producción de castañas do 50-70%. Infestacións severas poden chegar incluso a causar a morte dos castiñeiros.
O síntoma de identificación máis claro é o desenvolvemento de agallas de 5-20 mm de diámetro, de cor verde ou rosáceo, sobre ramas xóvenes, brotes e follas. Despois da emerxencia do adulto a agalla seca faise parecida á madeira e permanece suxeita á árbore ata dous anos. Nas seguintes fotos móstranse algúns exemplos destas agallas:

Este organismo foi incluído no ano 2003 na lista A2 da EPPO, de forma que está regulado como organismo de corentena na Unión Europea pola Decisión 2006/464/CE, de 27 de xuño de 2006, relativa ás medidas provisionais urxentes para previr a introdución e propagación na Comunidade de Dryocosmus kuriphilus Yasumatsu.

A avispa do castaño xa se atopa en soutos de países europeos como Francia e Italia, e recentemente foi detectado tamén en Cataluña. A principal vía de dispersión a novos países ou zonas é a través da introducción de ramas, brotes ou plantas infestadas.

Dende a Subdirección xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias queremos alertalo do perigo da introducción de plantas ou outro material vexetal procedente de países nos que este organismo está presente.

Informámoslle tamén que os inspectores de sanidade vexetal realizan todos os anos unha campaña de prospección para a localización de posibles síntomas deste organismo nos principais viveiros productores de planta de castiñeiro. Así mesmo realizanse controis no medio forestal e en parques e xardíns para detectar a súa presencia. De todas formas solicitamos a súa colaboración de forma que manteña vixiadas as plantas que poida ter na súa explotación e que extreme as precacucions cando adquira material vexetal  e que ante a detección de calquera posible síntoma informe o antes posible ó servizo de montes ou de explotacións agrarias da súa provincia para que se poidan tomar as medidas de prevención e control o antes posible e reducir así o risco de dispersión no caso de que se trate dun positivo deste organismo.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2011.
Subdirección xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias.